O Consello Galego de Cooperativas
é o máximo órgano de promoción e difusión
do cooperativismo na Comunidade Autónoma de Galicia, constituíndose,
ademais, como órgano consultivo e asesor das administracións públicas
galegas naqueles temas que afecten ao cooperativismo.
É
un órgano colexiado no que participan as diferentes administracións,
instituicións e organizacións cooperativistas, interesadas
no fomento global do cooperativismo. Converteuse nun nexo de unión
entre as proprias cooperativas e os organismos públicos, logrando,
desta maneira, unha comunicación permanente e fluída entre
ambas partes.
A sua institucionalización como órgano consultivo e de
participación significou a creación dunha plataforma de
confluencia estable dos axentes cooperativos, públicos e privados,
que sostén as estruturas de participación dun Plano Estratégico
que garanta como primeira característica do proceso de planificación,
a súa capacidade para implicar activamente ós axentes que interveñen
no movemento.
Para o cumprimento dos seus obxectivos gozará de plena capacidade de
obrar, axustando a súa actuación ás previsións contidas
na Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia e nas normas de
desenvolvemento de ela. Ademais da súa normativa específica, ao
consello resultaranlle de aplicación as normas previstas nos artigos
correspondentes ó título II, capítulo II da Lei de réxime
xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común, relativas ós órganos colexiados.
O Consello Galego de Cooperativas adscríbese á Consellería
de Traballo, que lle asignará o
persoal funcionario e os recursos económicos suficientes para o seu funcionamento.
¿CALES SON AS SÚAS FUNCIÓNS?
1. Son funcións propias
do Consello Galego de Cooperativas:
Facilitar e colaborar
na investigación, planificación e execución dos
programas de desenvolvemento e fomento do cooperativismo, prestando
un especial interese polos programas da Unión Europea, así
como promover a educación e formación cooperativa.
Elaborar propostas,
dictames e informes en relación coas cuestións que afecten
ó cooperativismo.
Realizar estudios e
impulsar as accións encamiñadas a facilitar a intercooperación.
Emitir informe, con
carácter preceptivo, sobre os proxectos de disposicións
legais e regulamentarias e demais normas que afecten directamente
ás cooperativas ou as súas organizacións, así
como procurar a súa difusión.
Contribuír ó
perfeccionamento do réxime legal e institucional do ordenamento
socioeconómico da Comunidade Autónoma de Galicia.
Conciliar e exercer a
arbitraxe nas cuestión litixiosas que se susciten entre cooperativas,
entre estas e os seus socios, ou no seo delas entre os seus socios,
cando ámbalas partes o soliciten ou ben estean obrigadas a
iso en razón ó establecido nos seus estatutos.
Promover a educación
e formación cooperativa nos distintos niveis do sistema educativo
xeral.
Exercer tódalas
accións que resulten necesarias para percibir os fondos irrepartibles,
así como o remanente do haber líquido social das cooperativas.
Percibir, planificar
e xestionar mediante un programa específico os fondos de formación
e promoción nos supostos previstos na Lei 5/1998, do 18 de
decembro, de cooperativas de Galicia.
As demais funcións
que lle atribúa a Lei de cooperativas de Galicia e as súas
normas de desenvolvemento.
2. Para o cumprimento dos seus fins,
o Consello Galego de Cooperativas poderá participar nos organismos
e nas institucións que contribúan ó desenvolvemento
socioeconómico de Galicia, así como naqueloutros que poidan
corresponderlle.
¿CAL É A SÚA COMPOSICIÓN?
O Consello Galego de Cooperativas estará
integrado polos seguintes membros:
PRESIDENTE:
Conselleiro de Traballo
- D. Ricardo Jacinto Varela Sánchez.
Directora Xeral de Relacións
Laborais
- Dna. Pilar Cancela Rodríguez
7 representantes de Cooperativas
3 representantes de AGACA
- D. José Luís López Vázquez, Vicepresidente
- D. Manuel Carlos Gómez Díez
- D. Higinio Mougán Bouzón
1 representante de UCAFE
- D. Manuel Domínguez Rodríguez
1 representante de UCETAG
- Dna. Olga Mª Rosa Amoedo Cabrera
1 representante de UGACOTA
- Dna. María del Mar Pernas Márquez
1 representante de SINERXIA
- Dna. Ana Rosa Lorenzo Vila
1 representante das Universidades Galegas
- D. Rogelio Conde-Pumpido Tourón
1 representate de Cooperativas de Crédito
- D. Manuel Varela López, representante
de Caixa Rural Galega
1 representante da Consellería
de Pesca e Asuntos Marítimos
- D. Miguel Ángel López Sieiro
1 representante da Consellería do Medio Rural
- D. Antonio Santiago Oca Fernández
1 representante da Consellería de Traballo
- D. Álvaro Ansias Bacelar
1 representante da Consellería de
Educación e Ordenación Universitaria
- Dn. Antonio Vázquez Vázquez
1 representante da Federación Galega
de Municipios E Provincias (FEGAMP)
- D. Félix Porto Serantes
Secretario:
- Manuel Ángel Pérez Losada, xefe do servizo
de Cooperativas e Economía Social
O consello tamén
contará cun secretario, que actuará con voz pero sen
voto. Existirá un suplente de cada un dos vocais do
consello e do secretario.
O consello poderá convocar
ás reunións dos seus órganos a calquera persoa
ou entidade que poida colaborar na consecución dos seus obxectivos,
que asistirán con voz pero sen voto. A través do regulamento
de réxime interno, poderá determinarse o resto de condicións
de asistencia e participación e os criterios para a realización
da convocatoria, especialmente daquelas asociacións que non
conten con representación no consello, cando se traten
asuntos propios da clase de cooperativas que agrupan.
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballo - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE