inicio


Castelán Galego
Inicio Contactar por correo elctrónico Anterior Siguiente Recomiéndenos

 Presentación
 Actualidade
 Normativa
 Centro de Documentación
 Información Cooperativa
 Formación
 Bolsa Cooperativa
 Servizos

USUARIO
 

CLAVE


Rexístrese



Foros Cooperativos



Mapa de cooperativas



O Tempo



CONVOCADOS OS PREMIOS Á COOPERACIÓN 2010


 
 
Envíe a un Amigo
17/02/2010
O Consello Galego de Cooperativas convoca os “premios á cooperación” para o ano 2010, co fin de fomentar e difundir o cooperativismo en Galicia, así como para recoñecer e recompensar publicamente o labor que están a desenvolver as cooperativas e outras institucións e persoas neste ámbito.

Poderán optar a estes premios as cooperativas e as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo na Comunidade Autónoma galega.

Os premios á cooperación convócanse baixo as seguintes modalidades:

* Premio aos valores cooperativos: recoñecemento ao impulso dos valores cooperativos na Comunidade Autónoma galega. Valorarase a traxectoria dos/as candidatos/as, especialmente as actuacións dirixidas á aplicación práctica dos principios cooperativos establecidos pola Alianza Cooperativa Internacional e a súa adecuación ao marco socioeconómico galego.
O premio terá unha dotación económica de 6.000 euros.

*Premio ao mellor proxecto cooperativo: recoñecemento a un proxecto empresarial cooperativo de especial relevancia, ben polo seu carácter innovador ou de intercooperación, ben pola súa repercusión na contorna, ou ben polas súas características singulares, desenvolto tanto por cooperativas de nova creación como por cooperativas previamente existentes.
O premio terá unha dotación económica de 6.000 euros.

*Premio á promoción do cooperativismo: recoñecemento á persoa ou entidade que teña destacado especialmente no fomento do cooperativismo, tanto pola súa traxectoria como por actuacións de carácter puntual que resulten particularmente significativas. Valorarase a actividade ou actividades realizadas polos/as candidatos/as e a súa repercusión na implantación e desenvolvemento do cooperativismo en Galicia, tanto nos seus aspectos cualitativos como cuantitativos, e valorarase especialmente aos persoeiros do cooperativismo como xeito de recoñecer as súas traxectorias neste eido.
O premio terá unha dotación económica de 6.000 euros.

As candidaturas poderán presentarse ata o 31 de maio de 2010 na Secretaría do Consello Galego de Cooperativas (Consellería de Traballo e Benestar, edificios administrativos de San Lázaro, Santiago de Compostela).

As propostas deberán ir acompañadas dunha memoria explicativa e documentación xustificativa dos valores e méritos alegados.

Consulta as bases da convocatoria:

Descargar documento.



  Máis Novas Relacionadas
 · PUBLICADAS AS FOTOS E VIDEOS DO DÍA DO COOPERATIVISMO GALEGO 2010
 · CONVOCADAS AXUDAS PARA O ABOAMENTO DE COTAS Á SEGURIDADE SOCIAL
 · CONVOCADAS AXUDAS E SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO EMPREGO EN EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL E DE PROMOCIÓN DO COOPERATIVISMO
 · CONCESIÓN DOS PREMIOS DO CERTAME COOPERATIVISMO NO ENSINO DIRIXIDO AOS CENTROS EDUCATIVOS DE GALICIA
 · CONVOCADAS AXUDAS PARA O FOMENTO DE ASOCIACIÓNS DE COOPERATIVAS E SOCIEDADES LABORAIS
  Biblioteca Relacionada
 
Mapa de www.cooperativasdegalicia.com

Información Xeral

Benvida ao portal

As cooperativas

Consello Galego de Cooperativas
Direccións de utilidade

Actualidade

Últimas novas

Novas de prensa

Normativa

Disposicións

Axudas e subvencións

Centro de documentación

Biblioteca

Monográficos especiais
Estatísticas
Asesoría cooperativa
Salón de vídeos

Información Cooperativa

Mapa de cooperativas

Consultoría
Foro

Formación

Cursos presenciais

Teleformación cooperativa
Aula virtual

Bolsa Cooperativa

Bolsa de emprego

Bolsa de socios
Área de emprendedores

Servizos

Taboleiro de anuncios

Enlaces de interese
O Tempo
Repositorio

Webs do Consello

Ideas Cooperativas en Acción
Día do Cooperativismo Galego 2007
Día do Cooperativismo Galego 2008
Día do Cooperativismo Galego 2009
Día do Cooperativismo Galego 2010
Recursos educativos
Plan Estratéxico
Intercooperar
Investigación e innovación

Proxectos Europeos
Nexus Rede
Proxecto DESQOOP


Consello Galego de Cooperativas
- Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE