 ESTE CURSO ENMÁRCASE NA OFERTA FORMATIVA DO CONSELLO GALEGO DE COOPERATIVAS PARA O ANO 2008.
 Este curso de Formación Cooperativa en Xestión e Dirección forma parte da oferta formativa do do Consello Galego de Cooperativas para o ano 2008.
Para realizar os cursos, o alumnado deberá dispoñer dunha conexión a internet de 1 Mb ou superior e un enderezo de correo electrónico.
 Fortalecer as habilidades de planeamento e xestión das persoas que desenvolvan a función xerencial e directiva das cooperativas.
 Os cursos diríxense prioritariamente á cooperativistas, empregados/as de cooperativas, persoas implicadas en grupos promotores e, no caso de que haxa prazas dispoñibles, todas aquelas persoas interesadas nesta formación.
 UD1. O Contorno empresarial e as Funcións na dirección cooperativa.
UD2. A Dirección nas empresas Cooperativas.
UD3. Loxística Integral e Planeamento Estratéxico nas empresas Cooperativas.
UD4. Simulacións: Planeamento, dirección e xestión nas empresas Cooperativas
 O criterio de valoración basearase na participación do alumnado no curso a través das ferramentas de comunicación e autoavaliación das que dispón a plataforma, a realización axeitada das actividades propostas pola titora e a resolución das probas de avaliación.
 Darase prioridade a entrada ao curso as persoas socias e traballadoras de entidades cooperativas.
 Participación nos foros.
Resolución axeitadas das actividades prácticas propostas pola titora.
Realización das probas de avaliación e autoavaliación contidas nos materiais formativos e na plataforma.
Superar o exame de contidos ou o caso final proposto
 Para mais información contacte co 697 877 773
|